Convocado o XIV Premio Abrente para Textos Teatrais pola Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

A cita teatral organizará unha serie de actividades durante todo este ano para mostrar o "excelente momento" do festival.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2019 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (Ourense) anunciou a convocatoria dunha nova edición do Premio Abrente para Textos Teatrais.

Dotado con 3.500 euros e a publicación do texto na colección Abrente da Editorial Difusora, este premio quere ser "un dos elementos imbricado no estímulo e aparición de novas linguaxes e voces para a escena do presente". A recepción de orixinais terminará o 21 de xuño e a resolución darase a coñecer no mes de xullo, no marco do festival.

Baixo a lema 'Tradición, experiencia e vangarda', segundo informou a organización, a cita organizará unha serie de actividades ao longo deste ano, para mostrar o patrimonio, a historia e o "excelente momento" que está a vivir o festival cando chega ao seu 35 aniversario.

Castelo de Ribadavia. Fonte: facebook
Castelo de Ribadavia. Fonte: facebook

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta