As "consecuencias negativas" das minas na Península, a debate en Santiago

ContraMINAcción organiza esta fin de semana un evento no que participarán asociacións españolas e portuguesas para tratar de dilucidar alternativas e fortalecer os lazos entre plataformas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2019 | Actualizada ás 10:33

Comparte esta noticia

A Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza 'ContraMINAcción' celebra esta fin de semana en Santiago o seu IV encontro, ao que están convidadas 14 organizacións e plataformas opostas ás "consecuencias negativas" para a contorna das canteiras en España e Portugal.

Baixo o título 'Impactos da minaría na Península Ibérica', o programa de actividades será de acceso libre para quen queira participar.

Deste xeito, durante a mañá do sábado desenvolveranse tres mesas redondas no Museo do Pobo Galego: 'Un regueiro de desastres contaminantes', 'Novo boom: a febre polo ouro e outras febres' e 'Daquela que? Hai alternativas'.

Xa o domingo estrearase o documental 'San Finx: a catástrofe de 1960', dirixido por Irene Pin Basante. A proxección terá lugar na Casa do Matadoiro a partir das 10,00 horas.

Segundo explica a organización, un dos obxectivos deste evento é "visibilizar as dimensións do 'boom' mineiro" na Península e continuar tecendo redes entre colectivos que se enfrontan ás extraccións "insustentables, destrutivas e produtoras de refugallos dentro e fóra de Galicia".

Protesta contra a mina de Touro-O Pino
Protesta contra a mina de Touro-O Pino

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta