Lanzan un concurso para promover a participación nas eleccións europeas

A Fundación Galicia Europea alerta de que, nos comicios do 2014, o 73% dos mozos españois en idades comprendidas entre os 18 e os 24 anos non acudiu a votar. Por iso, inicia unha campaña en redes na que haberá premios

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2019 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

A Fundación Galicia Europa porá en marcha un concurso nas redes sociais co obxectivo de promover, especialmente entre a mocidade, a participación nas eleccións europeas do próximo 26 de maio.

Nas pasadas eleccións ao Parlamento Europeo, celebradas en 2014, o 73% dos mozos españois de entre 18 e 24 anos non acudiu a votar. Por iso, baixo o lema #GaliciaVotanaUE, a Fundación únese á iniciativa 'Esta vez voto' posta en marcha polo Parlamento Europeo (PE), que pretende loitar contra a abstención, creando unha comunidade de voluntarios dispostos a promover a importancia do voto.

Para unirse ao concurso, é preciso ser maior de idade e compartir, a través de Twitter, Facebook ou Instagram, unha mensaxe que explique a importancia do voto ao Parlamento Europeo.

As publicacións, escritas ou audiovisuais, deben ir acompañadas dos hashtags #GaliciaVotanaUe e #EstaVezVoto. Ademais, os participantes débense rexistrar na web Esta Vez Voto do Parlamento Europeo e ser seguidores da Fundación a través da rede social na que participen.

O concurso estará activo ata o 12 de abril e os gañadores daranse a coñecer a través da web da Fundación durante a segunda semana de maio. Haberá premios para a persoa máis activa, para a que consiga que o seu contido se comparta máis ou para a que realice unha publicación máis orixinal e elaborada.   O valor de cada premio pódese consultar na web da Fundación.

O Parlamento Europeo en Bruxelas
O Parlamento Europeo en Bruxelas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta