Un imposto especial á caza, a nova proposta dos animalistas

Suxiren o pagamento anual de 100 euros por cazador e 2.000 por coto de caza para obter fondos cos que "contrarrestar" o "impacto ambiental e animal" da práctica desta actividade

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber propuxeron este sábado o establecemento dun novo imposto especial á caza "para contrarrestar o seu terrible impacto sobre o medio natural e sobre os animais". Aseguran que poderían chegar a reunirse máis de catro millóns de euros cos que poñer en marcha, por exemplo, políticas de prevención contra o abandono animal

Tal como sinalaron ambas asociacións nun comunicado, cada ano vértense sobre os montes galegos "centos de miles de perdigóns de chumbo", un metal "altamente tóxico" que, segundo os animalistas, "contamina acuíferos, pastos e aos propios animais". Os colectivos animalistas xa teñen advertido noutras ocasións de que esta substancia ten consecuencias negativas sobre o medio e "chega a resistir á degradación durante centos de anos", ademais de que "pode ser inxerido" por diferentes animais.

Cazador Nun Camiño Público. ANGEL SANCHEZ C. - Arquivo
Cazador Nun Camiño Público. ANGEL SANCHEZ C. - Arquivo | Fonte: Europa Press

Xa que o uso desta munición de chumbo "tan só está prohibido en humidais", Libera e Franz Weber lamentan que o resto de espazos "están a mercé dos escopeteros". 

Do mesmo xeito, tamén alertan sobre os efectos prexudiciais para a saúde das persoas. "Este metal pesado é nocivo para as persoas que consomen carne de caza, tal e como sinalou de maneira recente a Axencia Europea de Sustancias e Mesturas Químicas", apuntou Libera.

Sendo así, estas asociacións animalistas propuxeron un pago de 100 euros ao ano por cada cazador e 2.000 euros por coto de caza,  taxas coas que esperan "obter fondos para combater este problema".

Segundo cálculos dos animalistas, poderíanse recadar catro millóns de euros "só coa taxa individual", unha contía que tamén serviría, ao seu parecer, para impulsar "políticas preventivas contra o abandono animal e o seu comercio irregular".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

2 SwyK

E outro imposto pos eucaliptos.

1 Bougas

Nin touradas, nin escopeteiros nin nada que faga da morte dun animal unha diversión. Nunca entendín a graza que lles ten aniquilar vida. Non son vegano pero é por razóns médicas. O chumbo que este colectivo deixa na natureza envelena todo. Fai décadas ir polo monte era unha maravilla. Hoxe é un milagre ver vida salvaxe. Coa pesca o mesmo. Os meus netos non poderán coñecer nin un cuarto da natureza que eu disfrutei.

1 Rozador de Toxo

Seguro que fas moito ti polo rural.... Ir pasear as fins de semana e criticar como todos os da cidade.

2 lóstrego

Calquera vai polo monte un domingo sen que che silven nas orellas os tiros.

3 Bougas

Vivo no rural e do rural. Seguro que ti es deses que lavan a cisterna de purín ao río e deixan o monte inzado de chumbo e plástico dos cartuchos, deses que só pensades no hoxe, deses que vos credes con dereito a facer o que vos peta co patrimonio natural de todos os galegos, deses que tedes un coche gama alta pero que usades un somier metálico pra pechar a finca e deixades caer o hórreo da casa. Vaille dar leccións rurais aos ramistas das festas da túa parroquia e deixa de te crer alguén con dereitos feudais sobre o monte. Os urbanitas son unha peste pero a desfeita da natureza fana "indíxenas" coma ti.