Alerta laranxa na costa atlántica por ondas de 5 e 6 metros dende esta medianoite

Meteogalicia tamén prevé nivel de aviso amarelo por neve na montaña de Lugo e Ourense, con acumulacións de ata cinco centímetros

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2019 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

Meteogalicia informou que a borrasca centrada ao oeste de Irlanda envía cara a Galicia mar de fondo con ondas de entre 5 e 6 metros nas costas das provincias da Coruña e Pontevedra desde esta medianoite ata as tres da tarde. A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou un aviso de alerta laranxa na costa oeste e noroeste da provincia da Coruña, desde as 00,00 horas ata as 12,00 horas deste luns 18.

Desde as tres da tarde ata as doce da noite as ondas descenderán, situándose entre 4 e 5 metros, ata baixar aos 4 metros progresivamente.

Meteogalicia tamén prevé nivel de alerta amarelo por neve na montaña de Lugo e Ourense, por acumulacións de ata cinco centímetros desde as 00,00 ata as 06,00 horas.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior recomendou que se adopten as medidas preventivas necesarias ante as predicións meteorolóxicas.

Ondada en Malpica
Ondada en Malpica | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta