Extinguido un incendio forestal en Laza (Ourense) no que houbo tres focos simultáneos

O lume afectou a máis de 20 hectáreas de monte raso

Por E.P. | Santiago de Compostela | 17/02/2019 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou que quedou extinguido un incendio forestal no concello ourensán de Laza, na parroquia de Camba, que afectou a máis de 20 hectáreas.

Segundo as últimas medicións con GPS, o lume, no que houbo tres focos simultáneos, alcanzou unha superficie de 24,09 hectáreas, todas de monte raso.

O lume comezou o sábado sobre as 19.17 horas e deuse por extinguido preto das nove da noite. Nos traballos participaron 2 axentes, 3 brigadas e 1 motobomba.

Nesta mesma parroquia tamén se rexistraron outros dous lumes con varios focos simultáneos. En total, chegáronse a contabilizar ata dez focos diferentes. Todos os incendios están xa extinguidos.

A Consellería do Medio Rural lembrou que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Labores de extinción de incend. Marta Vázquez
Labores de extinción de incend. Marta Vázquez | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta