Achan o corpo queimado dunha muller de 83 anos tras realizar unha queima nunha leira

A falecida residía nesta vila ourensá e vivía soa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2019 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

O corpo queimado dunha muller de 83 anos foi localizado o pasado domingo na aldea de Güin, no concello ourensán de Bande, por un veciño da zona, que avisou sobre as 18,30 horas á Garda Civil, así como aos servizos sanitarios. A falecida residía neste pobo e vivía soa.

Voluntarios en Vigo colaboran na extinción dos lumes na cidade, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Voluntarios en Vigo colaboran na extinción dos lumes na cidade, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

A Garda Civil realizou sobre as 21,00 horas do domingo o levantamento do cadáver da señora, que foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) para realizar a autopsia e determinar as causas do seu falecemento.

Segundo estas mesmas fontes, os veciños cren que a muller, que foi o venres a unha leira da súa propiedade a realizar unha queima, puido morrer nese momento.

Así mesmo, declararon que a vítima ía cunha veciña, a cal se foi do lugar antes do sucedido

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta