A Deputación lamenta que a Xunta non colabore nas melloras da protectora de animais de Lugo

O Goberno provincial destina 270.000 euros á remodelación integral das instalacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2019 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

O portavoz de Goberno da Deputación de Lugo, Álvaro Santos, xunto á alcaldesa da capital provincial, Lara Méndez, presentou este luns o proxecto de remodelación integral das instalacións da Protectora de Animais e Plantas da cidade, ás que destinará 270.000 euros.

Protectora de Animais de Lugo. DEPUTACIÓN DE LUGO
Protectora de Animais de Lugo. DEPUTACIÓN DE LUGO | Fonte: Europa Press

Segundo Santos, estas actuacións "permitirán mellorar o benestar, as condicións de vida ou sanitarias dos 300 animais que acolle a protectora". "Imos construír 86 novos caniles, boxes, espazos para grandes animais, zonas de hospitalización ou corentena; rehabilitar a zona do patio máis amplo, habilitar un novo sistema de depuración de augas fecais, acondicionar o espazo de carga e descarga, así como o acceso de entrada ou de clínica e oficinas", dixo o responsable provincial.

Álvaro Santos explicou que este proxecto "é unha colaboración máis do goberno da Deputación coa protectora de animais de Lugo", posto que, a maiores, se destinan "outros 40.000 euros á compra de pensos", á vez que se lles cedeu unha leira 40.000 metros cadrados para ampliar as súas instalacións.

"Levamos achegado uns 400.000 euros", dixo Santos, que reivindicou o "esforzo" e a "implicación" da Deputación, a "administración pública galega que máis colabora con este colectivo". "Xunto a nós está o Concello de Lugo, sendo as únicas institucións lucenses que colaboramos coa protectora, xa que a Xunta decidiu non achegar nin un só euro", destacou.

Por parte do Concello, a alcaldesa, Lara Méndez, adiantou que, nos orzamentos para este ano se incrementan os fondos para a protectora nun 70%, ata os 105.000 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta