En Marea tamén se suma a BNG e PP e pide a Sánchez que "se devolva o Pazo de Meirás ao pobo de Sada"

Lembra que se trata dunha petición unánime de Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2019 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

A portavoz circunstancial de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, fixo un "chamamento claro" ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para que, antes de que termine a lexislatura, "culmine os traballos contra a familia Franco" e inicie as accións xudiciais "para devolver o Pazo de Meirás ao pobo de Sada". Unha petición na que coincide con BNG e PP que expresaron este desexo xa o pasado luns.

En declaracións aos medios nos corredores do Congreso, antes de participar na reunión da xunta de portavoces, lembrou que se trata dunha petición "unánime" de Galicia, polo que Sánchez ten este apoio social para iniciar o litixio, como tamén reclamou o Parlamento de Galicia.

Franco no Pazo de Meirás
Franco no Pazo de Meirás

Yolanda Díaz apelou a que En Marea traballou en emendas á Lei de Memoria Histórica, pero co fin da lexislatura, agora é necesario que "un goberno que di que está a defender a legalidade republicana e a democracia" actúe para evitar que a Familia Franco "siga tomando o pelo" aos cidadáns. "É moi sinxelo, debe devolver a Galicia o que é noso para salvar o Pazo de Meirás", sentenciou Yolanda Díaz.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta