A Xunta quere impulsar o inglés en FP

Educación busca potenciar o ensino de idiomas estranxeiros e, particularmente, do inglés técnico.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2019 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, avanzou este martes que o seu departamento traballa co obxectivo de mellorar "o ensino de idiomas estranxeiros, neste caso do idioma inglés, para mellorar o ensino na Formación Profesional (FP), xa non só do inglés a nivel xeral, senón que máis aínda co inglés técnico, que tan importante é logo para a internacionalización dos alumnos en empresas de fóra".

Acto en Ferrol coa presenza da conselleira de Educación.
Acto en Ferrol coa presenza da conselleira de Educación. | Fonte: Europa Press

Estas manifestacións realizounas Pomar en Ferrol, no centro CIFP Ferrolterra, onde asinou varios convenios con entidades empresariais para poder desenvolver novos programas da FP Dual.

Durante este curso 2018-2019 finalizarán os seus estudos doce alumnos que durante os tres últimos anos participaron na FP Dual establecida coa empresa naval pública Navantia e que agora serán uns dos candidatos a formar parte do persoal dos estaleiros na ría de Ferrol.

Pomar destacou que este tipo de ensino busca "unha maior cualificación dos alumnos, dá maior nivel, e tamén a súa relación diaria coas prácticas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta