O Concello da Coruña reforza o programa de acompañamento educativo con atención individual

A convocatoria quere diminuir os índices de fracaso escolar e favorecer a inclusión social para os casos que precisen máis apoio.

Por E.P. | A CORUÑA | 19/02/2019 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

A Concellaría de Xustiza Social do Concello da Coruña reforzará o programa de acompañamento educativo 'Poténciate' no que se introduce a atención individualizada para o alumnado, segundo informou a concelleira da área, Silvia Cameán. En rolda de prensa, explicou que esta iniciativa busca reducir as dificultades dos menores no estudo e tamén proporcionar os recursos para reducir a taxa de abandono escolar.

Para iso, os centros cívicos acollerán ata fin de curso os talleres de Primaria e Secundaria, que terán un máximo de dez escolares propostos polos centros educativos e os servizos sociais municipais.

A nova convocatoria, segundo explicou a edil, busca diminuír o fracaso escolar e favorecer a inclusión social. Entre as novidades, está a atención individualizada para os casos que necesiten máis apoio. Desta iniciativa, a edil sinalou que está deseñada "en estreita colaboración cos centros educativos da cidade".

O Concello da Coruña reforza o programa de acompañamento educativo con. CONCELLO DA CORUÑA
O Concello da Coruña reforza o programa de acompañamento educativo con. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta