Ferido o condutor dun tractor tras envorcar a medianoite en Xunqueira de Espadanedo

O home foi atopado tirado na estrada pero non estaba consciente.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 20/02/2019 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencias acudiron na madrugada deste mércores ao municipio ourensán de Xunqueira de Espadanedo onde un home resultou ferido ao envorcar o tractor que manexaba.

Tractor
Tractor | Fonte: GUARDIA CIVIL

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente produciuse sobre as 00,10 horas deste mércores. Foi un particular quen chamou para informar dun tractor envorcado na estrada de Esgos sentido Xunqueira de Espadanedo, ao seu paso pola localidade de Alto do Couso.

O alertante informou de que o home se atopaba liberado, tendido na estrada, e a pesar dos seus esforzos para tentar comunicarse con el, non obtivo ningunha resposta por parte do ferido, relataron as mesmas fontes.

Por iso, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios de emerxencias, da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil.

O 061 trasladou ao home ferido, P.C.G., de 31 anos, ao Hospital Cristal nunha ambulancia asistencial acompañado do equipo sanitario da PAC de Maceda, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta