Sufocado un incendio na adega dun barco no Porto da Coruña

Afortunadamente non houbo feridos.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 20/02/2019 | Actualizada ás 10:24

Comparte esta noticia

Os Bombeiros da Coruña foron mobilizados na noite deste martes debido a un incendio nun barco que calcinou por completo unha máquina que removía mercadoría almacenada no interior da adega.

Porto da Coruña
Porto da Coruña

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 22,00 horas deste martes persoal do Porto da Coruña solicitou ao servizo de emerxencias a colaboración dos Bombeiros para extinguir un lume, provocado por unha máquina no interior da adega dun barco, no Peirao do Centenario Norte.

O alertante asegurou que non había persoas afectadas. Até o lugar, tras ser alertados polo 112 Galicia acudiron os Bombeiros da cidade. Tamén, Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia e os axentes da Policía Nacional e Local foron informados da situación.

Unha vez extinguido o lume, persoal do peirao confirmou que ardera na súa totalidade a pa escavadora que removía, neses instantes, mercadoría no interior da adega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta