O goberno local da Coruña presenta os proxectos dos accesos á futura intermodal

Trátase de tres intervencións, entre as que se prevé unha rotonda no cruzamento de Xeneral Rubín coa avenida do Ferrocarril. Os cambios poderían estar executados "en ano e medio"

Por E.P. | A CORUÑA | 20/02/2019 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda do Concello da Coruña, Xiao Varela, presentou este mércores os proxectos de trazado para os accesos á futura estación intermodal, levados a cabo polo consistorio.

Na súa presentación, o edil destacou que estes proxectos básicos permitirán ao goberno local iniciar as pertinentes modificacións do plan urbanístico, necesarias para acometer os proxectos construtivos e as posteriores obras.

As actuacións previstas supoñen un importe de 4,4 millóns de euros tanto nas avenidas de Ferrocarril e da Sardiñeira como no ámbito do polígono de Sardiñeira coa avenida de Arteixo. O proxecto para a avenida do Ferrocarril inclúe a construción dunha rotonda no cruzamento de Xeneral Rubín coa avenida do Ferrocarril.

O responsable municipal destacou que, aínda que se trata de tres intervencións distintas, "servirán para resolver os problemas de fluidez de tráfico rodado da zona, ademais de mellorar a conectividade para peóns e bicicletas", xunto coa humanización e urbanización das tres áreas.

O concelleiro, que presentou os proxectos ante os medios de comunicación e representantes veciñais da zona, aclarou que son de trazado. "Os construtivos irán desenvolvéndose mentres se vai realizando a modificación do plan", explicou sobre os cambios urbanísticos. Respecto diso, expuxo que, se non hai ningunha incidencia, a citada modificación podería estar executada "en ano e medio".

20 02 19 Nota Intermodal. CONCELLO DA CORUÑA
20 02 19 Nota Intermodal. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta