Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2019 | Actualizada ás 18:31
A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber pediron que se investigue o achado por parte da Garda Civil de Ferrol de 87 peles de raposos. Ambos colectivos solicitan que se estude se proceden dos "campionatos" de caza desenvolvidos estes meses na provincia da Coruña.
As peles foron localizadas nunha furgoneta que, segundo estas asociacións, non cumpriría coas disposicións normativas para o transporte de produtos cualificados como 'Sandach', tamén chamados "subproducto animal non destinado ao consumo humano".
Os animalistas pediron que as pescudas se dirixan á posible orixe dos cadáveres animais e apuntan a que podería tratarse das "batidas de raposos" que se realizan na provincia da Coruña. Libera e FFW aseguran que estas prácticas están "absolutamente descontroladas" porque hai "unha recoñecida carencia de medios técnicos e humanos para fiscalizar tanto a actividade como o destino final dos animais abatidos".
Neste sentido, os colectivos reclaman un "verdadeiro reforzo" dos efectivos, para previr máis casos destas características. "Non é unha situación illada", din, "á vista do enorme número de animais que se cazan en Galicia e cuxas peles poden estar a ser transportadas e vendidas a terceiras empresas ou intermediarios de forma irregular".
FFW e Libera reclaman "man dura" ante este tipo de accidentes e alertan que o transporte "ilegal de produtos de orixe animal podería supor, tan só, "3.000 euros".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.