Licitada por dous anos a conservación das instalacións de seguridade de túneles ferroviarios do tramo A Coruña-Vigo

O investimento total das 67 accións elévase a case 3,6 millóns de euros.

Por E.P. | VIGO | 21/02/2019 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) licitou por un período de dous anos o contrato para o mantemento das instalacións de protección civil e seguridade de 37 túneles do Eixo Atántico, que discorre entre A Coruña e Vigo.

Nun comunicado, Adif precisou que o plan tamén contempla actuacións en 30 túneles que conectan Ourense e Santiago. Así, o investimento total das 67 accións elévase a case 3,6 millóns de euros e conta cun prazo de execución de 24 meses.

Ademais, estableceranse as condicións técnicas necesarias para os traballos de conservación dos elementos das instalacións e realizaranse os procedementos pertinentes para establecer o plan de mantemento.

En concreto, actuarase sobre os sinais e balizas de emerxencia, os corredores e os pasamanos. Así mesmo, buscarase conservar a iluminación de emerxencia en túneles e galerías, así como os sistemas de ventilación dos corredores e a presurización nas galerías de emerxencia.

TRABALLOS DE MANTENTO

Nos traballos de conservación inclúense tamén actuacións sobre as instalacións de protección contra incendios, o sistema de radiocomunicacións de emerxencia e as comunicacións por fibra óptica dos equipos de protección e seguridade.

Adicionalmente, executaranse accións sobre os edificios e casetas técnicas, as instalacións de subministración de enerxía, o sistema de vídeo-vixilancia, o control de accesos e a anti-intrusión na contorna dos túneles.

Túnel de Cerdedelo (Ourense). ADIF
Túnel de Cerdedelo (Ourense). ADIF

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta