Detido un veciño de Sanxenxo por facer cargos fraudulentos na conta do seu arrendador

O suposto autor dos feitos fíxose cunha copia do DNI do propietario do piso, grazas á cal xestionou un duplicado da súa tarxeta de crédito. En total, chegou a retirar máis de 3.000 euros

Por E.P. | PONTEVEDRA | 21/02/2019 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

A Garda Civil concluíu coa detención dun veciño de Sanxenxo (Pontevedra) a investigación iniciada no mes de decembro tras recibirse unha denuncia dunha persoa que detectara cargos fraudulentos na súa conta corrente. As contías superaron os 3.000 euros en total.

Segundo informou o Instituto Armado, por mor da denuncia interposta por un suposto delito de estafa e, tras as investigacións realizadas por efectivos do Posto da Garda Civil de Sanxenxo, púidose pescudar que os cargos bancarios realizáronse cun "duplicado da tarxeta de crédito do denunciante".

A investigación concluíu que quen utilizaba de forma ilegal este cartón era unha persoa a quen o denunciante lle alugou un piso en Sanxenxo. Para conseguila, o inquilino solicitou na axencia de aluguer unha copia do DNI de propietario da vivenda co pretexto de tramitar o seu empadroamento.

"Aproveitando esta circunstancia utilizou a mesma copia do DNI para xestionar a través do banco un duplicado da tarxeta de crédito do propietario do piso e, con ela, chegou a retirar un montante de 3.614 euros, a través de distintos caixeiros automáticos en Coslada (Madrid) e Sanxenxo", relataron as mesmas fontes.

As investigacións levadas a cabo no marco da denominada 'Operación Trueque' concluíron coa localización e detención desta persoa, de 50 anos de idade, ao que se lle atribúe a presunta comisión de senllos delitos de estafa e usurpación de estado civil, por facerse pasar polo verdadeiro titular da tarxeta que usaba.

O detido quedou en liberdade en sede policial coa obrigación de comparecer, cando sexa citado, no xulgado de Instrución de garda de Cambados que instrúe a causa.

Detido un veciño de Sanxenxo (Pontevedra) por facer cargos fraudulentos.. GARDA CIVIL
Detido un veciño de Sanxenxo (Pontevedra) por facer cargos fraudulentos.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta