Aprazado o xuízo contra un pontevedrés acusado de tocar reiteradamente o traseiro a unha menor

O falecemento do pai do acusado retrasou a vista.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 21/02/2019 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O Xulgado do Penal Número 1 de Pontevedra aprazou para o próximo mes de maio o xuízo por un delito de abuso sexual a unha menor polo que está acusado un veciño desta capital. A vista estaba sinalada para este xoves, pero o avogado da defensa solicitou o adiamento polo falecemento do seu pai.

Segundo o escrito de acusación de Fiscalía, os feitos tiveron lugar o 21 de xuño de 2017, cando o veciño de Pontevedra, con "propósito de satisfacer o seu apetito sexual", tocoulle o traseiro a unha moza de 16 anos que se atopaba parada na rúa.Aínda que a adolescente lle recriminou a súa acción, o acusado volveu darlle outras palmadas ata en dúas ocasións máis, e cada vez con máis forza.

A Fiscalía solicita que este home sexa condenado a unha pena de multa de 20 meses cunha cota diaria de seis euros como autor dun delito de abuso sexual.

Xuízo.
Xuízo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta