Temas: CEG

Risco de ruptura na Confederación de Empresarios de Galicia

A asemblea xeral non aproba a reforma de estatutos proposta, polas posturas contrapostas das provincias da Coruña e Lugo por unha banda e a de Pontevedra, Ourense e sectoriais por outro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2019 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

A asemblea xeral da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) non aprobou este xoves a reforma de estatutos proposta, o que provocou un risco de ruptura ante as posturas contrapostas das provincias da Coruña e Lugo por unha banda e a de Pontevedra, Ourense e sectoriais por outro.

Rolda de prensa en Ourense, Pontevedra e sectoriais da CEG
Rolda de prensa en Ourense, Pontevedra e sectoriais da CEG | Fonte: Europa Press

O feito é que a reforma obtivo un 55% dos votos favorables e un 45% de abstencións, sen que ninguén emitise sufraxio negativo, pero era necesario chegar ao 75% para poder aprobarse.

A principal discrepancia é o papel que deben xogar as sectoriais na CEG. O actual portavoz da Confederación e cabeza visible da provincia da Coruña, Antonio Fontenla, compareceu ante os medios para defender que este organismo é "territorial", xa que foi fundado por catro provinciais, postura que comparte a provincia de Lugo. Agora os actuais estatutos marcan que os órganos de goberno deben reunirse para convocar eleccións, tras máis dun ano sen presidente.

Posteriormente, interviñeron de forma unida as provincias de Pontevedra e Ourense con representantes da sectoriais para reclamar un maior peso destas últimas co fin de que a CEG entre "no século XXI" e non estea no "XVIII", en palabras do presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez Freire.

Neste sentido, o presidente dos empresarios de Pontevedra, Jorge Cebreiros, avisou: "Se me din que detrás desa abstención é que non queren que estean as sectoriais este non é o meu modelo de Confederación"; de forma que advirte de que esta provincia "se reformulará solucións e propostas".

Así mesmo, aínda que o portavoz dos empresarios de Ourense, José Manuel Díaz, deixou claro que "esta casa (pola CEG) debe seguir existindo", subliña que a súa provincia terá que "decidir no futuro se lle interesa estar e seguir integrada nesta institución ou non".

Temas: CEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta