Feijóo ironiza co libro de Pedro Sánchez: "Interésame máis o de Alfonso Guerra, tentareino ler"

O presidente da Xunta di preferir o libro do ex-presidente socialista, 'La España en la que creo: En defensa de la Constitución'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2019 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu que non leu o libro 'Manual de resistencia' do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, o que a levou a ironizar con que lle "interesa máis" o publicado por Alfonso Guerra, titulado 'La España en la que creo: En defensa de la Constitución'.

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, no Consello. XUNTA
Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, no Consello. XUNTA | Fonte: Europa Press

"O libro que pedín é o libro de Alfonso Guerra. Interésame moito máis e tentareino ler", afirmou este xoves Núñez Feijóo.

"Pedro Sánchez xa foi presidente, xa estivo na Moncloa, viaxou no Falcon e agora ten un libro. Todos os seus obxectivos políticos están colmados", asegurou o mandatario popular, quen mostrou a súa confianza en que das eleccións xerais saia "un presidente que se preocupe por España".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta