Ourense en Común busca integrar unha gran confluencia na que tamén estea o BNG, aínda que o ve difícil

A plataforma da confluencia ultima os dez primeiros nomes da súa lista para as eleccións municipais, que encabezará Martiño Vázquez.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 21/02/2019 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

Ourense en Común, a plataforma cidadá de confluencia que naceu en 2015 e conta con tres concelleiros actualmente na corporación local, ultima os dez primeiros nomes da súa lista para as eleccións municipais, que encabezará o actual portavoz, Martiño Vázquez, xa elixido como candidato á Alcaldía.

Ourense en Común
Ourense en Común

El mesmo confirmou este extremo, á vez que fontes de Esquerda Unida e de Podemos ratificaron que, ademais do traballo interno en Ourense en Común, tamén manteñen o diálogo aberto coa plataforma Ourense Mellor, cuxo portavoz é Etelvino Vázquez, para lograr unha confluencia maior.

As diferenzas estriban en que a plataforma Ourense Mellor pretende unha candidatura máis ampla, mesmo co BNG, que "non respondeu" á súa invitación. Algo no que, segundo explicou Martiño Vázquez, coincide Ourense en Común, pero actualmente, engadiu, entende que esta confluencia non é posible.

Por iso, Ourense en Común eríxese no espazo natural da confluencia, no que están presentes todas as "sensibilidades", en palabras de Vázquez e en referencia a cidadáns sen adscrición, Esquerda Unida, Podemos e Anova.

Aínda así, as conversas mantéñense abertas, segundo confirmaron fontes das distintas sensibilidades, aínda que Ourense Mellor lamentou o que entende que foi o peche de contactos por parte de Ourense en Común, ao seguir adiante coa elaboración da candidatura, aínda sen presentar.

ABERTO A MÁIS INCORPORACIÓNS

Martiño Vázquez afirmou que está aberto a máis incorporacións na contorna do proxecto político "sólido e serio" que, dixo, é Ourense en Común.

Pola súa banda, a plataforma Ourense Mellor —na que tamén hai persoas vinculada a Anova (non á dirección) como Alfonso Diz (próximo a Luís Villares, portavoz de En Marea)— explicou nun comunicado que nas últimas semanas se seguiron mantendo varias reunións con diferentes organizacións de esquerda da cidade.

"Alégranos comunicar que mostraron o seu apoio explícito a integrarse na plataforma e xa están a participar nunha próxima reunión aberta", din.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Cruña

En Marea 2 pronto nos cines

1 lóstrego

Outros que tal bailan.