A nova Lei de residuos da Xunta incrementará a actividade e o número das plantas de tratamento de lixo

O Goberno galego aposta polo modelo Sogama e destaca que nun radio de entre 40 e 45 quilómetros deberá haber unha planta de reciclaxe.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A Xunta prepara unha lei que substituirá á actual normativa de residuos e chans contaminados porque, en palabras da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, quedou "obsoleta" e é preciso adaptar ao marco europeo. Un novo modelo que incrementará a actividade e o número das plantas de tratamento de lixo.

Trátase, segundo Vázquez, de profundar en "un cambio de modelo que camiña cara á economía circular e o emprego verde" a través da fixación de obxectivos concretos, entre os que destaca a redución dun 15% nos residuos producidos en 2025, un 5% menos que o obxectivo marcado a nivel estatal.

Ademais, o plan da Xunta prevé incrementar progresivamente a cantidade de residuos domésticos e comerciais destinados á preparación para a reutilización ou reciclaxe ata alcanzar no ano 2020 o 50% do total. De feito, o seu obxectivo é intensificar o "modelo Sogama" do que dixo, "está funcionando moi ben".

Así, o obxectivo da nova lei é que no ano 2025 se recicle o 65% de todos os envases e se alcance o 70% cinco anos máis tarde. "Trátase de reducir a eliminación de residuos para que o terceiro punto da cadea teña o menor impacto posible, que é o depósito en vertedoiro, para que en 2035, tal e como establece Europa, só se envíe un 10% da cantidade de residuos domésticos xerados", sinalou Feijóo.

Este 10 por cento de residuos é o que se coñece como 'depósito cero', xa que non é posible reducir máis aló desa porcentaxe a cantidade de desperdicios que van parar aos vertedoiros.

Planta de Sogama en Cerceda
Planta de Sogama en Cerceda

MÁIS PLANTAS

Isto implicará que tamén se incremente  a actividade e o número das plantas de tratamento de lixo. Actualmente, Galicia conta cun megacomplexo de Sogama en Cerceda, e logo distintas plantas subsidiarias.

Coa nova norma, a conselleira estima que tamé se ampliarán este tipo de complexos, aínda que suliñou que son "proxectos de carácter empresarial". Así, indicou que haberá un cada 40 ou 45 quilómetros. En todo caso, suliñou que, para a creación de novos complexos, "darase facilidade aos que xa están".

Ángeles Vázquez tamén se referiu ao complexo previsto para Ordes e que ten provocado numerosas protestas. En relación a isto, suliñou que esa planta se porá en funcionamento "se todos os informes son favorables". "Hai unha lexislación moi clara a este respecto e se a cumple, pois adiante", indicou.

ADIANTA A PROHIBICIÓN DE VAIXELAS DE PLÁSTICO

A nova normativa tamén prevé adiantar ao ano 2020 --a Unión Europea estableceu o ano 2021-- a prohibición da comercialización de vaixelas de plástico dun só uso e tamén obrigará aos restaurantes a entregarlle aos clientes as sobras alimentarias dos menús.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta