'Commedia', 'Divinas Palabras Revolution' e 'A leituga', favoritas dos premios de teatro María Casares

Un total de 12 espectáculos competirán nestes galardóns, que se entregarán o próximo 21 de marzo

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/02/2019 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

Un total de 12 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún do catorce premios que se entregarán durante a gala dos XXIII Premios de Teatro María Casares, que este ano se celebrará o 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña e nos que as pezas 'Commedia', 'Divinas Palabras Revolution' e 'A leituga' parten como favoritas.

Teatro María Casares. REMITIDA
Teatro María Casares. REMITIDA

Así se deu a coñecer este xoves en Santiago na tradicional Festa de Finalistas, un acto presentado pola secretaria da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Iria Sobrado, e que contou coa asistencia do director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil.

A peza que agrupa máis nomeamentos é 'Commedia', de Contraproduccións, finalista en 12 categorías, entre elas a de mellor espectáculo, dirección, adaptación-tradución, actriz protagonista (Nuria Sanz), actor protagonista (Víctor Mosqueira), vestiario, escenografía, iluminación, música orixinal e actor secundario por partida tripla (Avelino González, César Goldi e Marcos Orsi), co que acapara os tres finalistas neste ámbito.

No ámbito de mellor espectáculo compite coa segunda favorita, 'Divinas Palabras Revolution', do Centro Dramático Galego, que tamén opta aos premios de dirección, actriz protagonista (Patricia de Lorenzo), actriz de repartición (Mónica García), adaptación-tradución, maquillaxe e escenografía.

A continuación, 'A leituga', de Eme2 Produccións, é finalista en cinco categorías: mellor espectáculo, actriz protagonista (María Vázquez), actor protagonista (Antonio Durán 'Morris'), escenografía e iluminación.

Con catro nomeamentos cada unha están 'Invisibles', de Redrum Teatro (dirección, adaptación dirección, iluminación e actriz protagonista, con Mela Casal), e 'Casa O'Rei', de Ibuprofeno (música orixinal, texto orixinal, actor protagonista, con Miguel Borines, e actriz secundaria, con Marián Bañobre); mentres que Talía Teatro e 'O servidor de dous amos', optará aos premios de maquillaxe, vestiario e actriz secundaria (Marta Lado).

A continuación, 'Anatomía dunha serea', de Iria Pinheiro, é finalista nas categorías de actriz protagonista e texto orixinal; '#camiños', de Butaca Zero, nas de texto orixinal e vestiario; e 'A meniña e o grilo máis aló', de Magin Branco e Teatro Ghazafelhos, nas de espectáculo infantil e música orixinal.

A nómina de finalistas péchana 'Arnoia, Arnoia. O circo da casa pequena', de Pistacatro, que competirá na categoría de mellor maquillaxe; e 'Patapatúm', de Elefante Elegante, e 'Contos do Recreo', de Redrum Tratro, en mellor espectáculo infantil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta