Ferreiro xá é o candidato oficial da Marea Atlántica para as municipais

A candidatura de Xulio Ferreiro recibiu 232 votos, mentres que houbo outros 15 en branco.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 22/02/2019 | Actualizada ás 10:02

Comparte esta noticia

A Marea Atlántica ratificou os resultados das súas primarias para as municipais, co actual rexedor, Xulio Ferreiro, como único candidato para as eleccións de maio.

Segundo informa a formación, o prazo de alegacións aos resultados das primarias concluíu sen que se presentase ningunha solicitude. Por iso, os resultados definitivos foron proclamados na Rede celebrada este xoves por parte do órgano de arbitraxe.

En total, a candidatura de Xulio Ferreiro recibiu 232 votos, mentres que houbo outros 15 en branco. Houbo 247 votos emitidos, cunha porcentaxe de participación do 38,65%.

Desta maneira, as persoas que acompañaban a Xulio Ferreiro na súa candidatura pasarán a ocupar os 20 primeiros postos da lista electoral da Marea Atlántica. Os nomes que ocuparán os números do 21 ao 27 decidiranse nunha Rede da Marea Atlántica o 28 de marzo.

Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña. Europa Press
Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña. Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta