A Xunta di que aumentará o persoal de enfermaría se traballan máis

Insiste en que o novo modelo de Atención Primaria para Galicia "vai ser de éxito" e destaca que "dúas comunidades solicitaron" o documento. Pola súa banda, o decano da Facultade de Medicina di que o modelo de asistencia sanitaria está "fracasado".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 22/02/2019 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, manifestou este venres que están "dispostos" a aumentar o persoal de enfermaría "se se incrementan" as "tarefas" a realizar por este colectivo no marco do novo modelo da Atención Primaria en Galicia.

A preguntas dos medios con motivo dunha visita ás obras do novo centro de saúde de Paderne de Allariz (Ourense), o titular de Sanidade asegurou este venres que co borrador presentado esta semana a profesionais sanitarios van "no bo camiño" e aclarou, ante críticas por parte do colectivo de enfermaría, que están "a ver ese labor que vai potenciar" o seu "papel".

Así, valorou que "hai debate" e incidiu na "idea" de "como facer unha atención que mellore a atención ao cidadán". "Se incrementamos as tarefas que vai facer enfermaría, iso pode leva a incrementar persoal. Estamos dispostos", afirmou.

Nesta liña lembrou que xa crearon "enfermeiras especialistas en Medicina de Familia e pediatría". "Estamos a dar un plus a maiores", abundou para lembrar que se crearon prazas desas especialidades en áreas sanitaria de toda Galicia. "Imos avanzando, dando pasos, tomamos medidas", subliñou, para sentenciar que Galicia vai "por diante de practicamente todas as comunidades de España".

Sobre o borrador para o novo modelo de Atención Primaria para os próximos 25 anos, o conselleiro de Sanidade resaltou que se trata "dun modelo de futuro, con moita colaboración e achega de todos". "Creo que vai ser de éxito", insistiu.

MELLORAR

Por iso, lembrou que o documento, ao que se poden presentar alegacións ata o día 28 de febreiro, inclúe "75 accións a curto prazo" que serán avaliadas en "seis meses", así como outras a medio e a longo.

Almuiña asegurou que "xa dúas comunidades autónomas" solicitáronlle a Galicia este documento "porque viron que pode ser moi útil no resto". "É algo que está a pasar en toda España", dixo en relación á situación da Atención Primaria, para concluír que "hai elementos que hai que mellorar".

Personal sanitario
Personal sanitario | Fonte: EUROPA PRESS - Archivo

"MODELO FRACASADO"

O decano da Facultade de Medicina de Santiago, Julián Álvarez Escudeiro, aclarou este venres que o modelo de asistencia sanitaria está "fracasado" e puntualizou que se expresou "claramente mal" en relación á especialidade de Medicina de Familia, xa que se refería a que "non funciona" o sistema porque "está mal organizado".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta