O alcalde de Santiago afea á Xunta que "frivolice" co proceso xudicial sobre as estatuas do Pórtico en mans dos Franco

Martiño Noriega, afeou que responsables do Goberno galego "frivolice" co proceso xudicial aberto polo Concello de Santiago para tratar de recuperar a titularidade das estatuas do Mestre Mateo que pertencen na actualidade ao patrimonio dos herdeiros do ditador Francisco Franco.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2019 | Actualizada ás 15:31

Comparte esta noticia

O rexedor compostelán, Martiño Noriega, afeou que responsables do Goberno galego "frivolicen" co proceso xudicial aberto polo Concello de Santiago para tratar de recuperar a titularidade das estatuas do Mestre Mateo que pertencen na actualidade ao patrimonio dos herdeiros do ditador Francisco Franco.

Estatuas de Isaac e Abraham, obras do Mestre Mateo, en Santiago de Compostela
Estatuas de Isaac e Abraham, obras do Mestre Mateo, en Santiago de Compostela | Fonte: EP.

Noriega censurou que cargos da Xunta critiquen publicamente ao seu goberno polas argumentacións no proceso xudicial despois de que un xulgado madrileño dese a razón en primeira instancia á familia Franco.

Así, goberno municipal e Xunta manteñen un cruzamento dialéctico desde o pasado domingo, cando o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, afirmou que as formulacións do Concello de Santiago para recuperar as estatuas do Mestre Mateo "quizá non foron suficientes" para convencer ao ámbito xudicial.

O xoves, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, apoiaba ao seu conselleiro e afeaba a actitude de Martiño Noriega por acusar a Rodríguez de practicar "o cuñadismo" nas súas declaracións sobre o proceso. "Parece que o alcalde de Santiago acaba de conseguir unha licenciatura 'cum laude' en Dereito", ironizou o líder do PPdeG.

"Non entendín o que pretendía dicir", asegurou este venres Noriega, que insistiu en que as palabras do consellerio xeraron "moito malestar" no seu goberno. "Non me gusta que se frivolice ou que se faga un concurso de méritos por quen é o conselleiro que mellor dispara ao Concello de Santiago", subliñou.

Así mesmo, sinalou que o recurso do Concello á decisión xudicial en primeira instancia sobre as estatuas "está a pecharse" e coñecerase "nos próximos días".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta