A Xunta defende que a entrega de sobras aos clientes de bares e restaurantes suporá "aforro" e "freo ao consumo exacerbado"

A conselleira de Medio Ambiente defende a nova Lei galega de residuos e chans contaminados, que se prevé que entre en vigor a partir de 2020.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2019 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, defendeu a nova Lei galega de residuos e chans contaminados, que se prevé que entre en vigor a partir de 2020, porque suporá aforros económicos pero tamén un freo ao consumo exacerbado. Así o resaltou Vázquez sobre os anuncios realizados este xoves e cos que "Galicia quere ir máis aló", ao adiantar os prazos previstos en Europa.

Carne de rubia galega.
Carne de rubia galega.

Entre os "fitos" que recolle a normativa figura o de "frear os desperdicios alimentarios que van crecendo cada ano".

Para iso, o hostaleiro terá "a obrigación de ofrecer aos clientes a oportunidade de levar as sobras" da ración que pedira nun envase que "non sexa de plástico e que, a poder ser, sexa reutilizable". En paralelo, estará prohibida a venda en Galicia de vaixelas de plástico dun só uso (pratos, cubertos...-).

A conselleira puxo en valor unha Lei que superará a actual, "obsoleta" e en vigor desde hai dez anos, e as medidas baseadas no "modelo Sogama" que chega ao 94% dos concellos de Galicia.

"É unha boa medida, por unha banda o hostaleiro é capaz de quitarse os residuos, doutra banda, freamos o consumo exacerbado que envolve á sociedade en si, e xusto cos hostaleiros nod poñemos deberes a administración co pequeno comercio e as grandes cadeas", asegurou.

Trátase de iniciativas que para a titular da Consellería de Medio Ambiente son tanto "ecolóxicas como económicas", porque en termos de "economía circular" calcúlase que en Europa se xeneren en  2030 "3.000 postos de traballo e afórrense 600.000 millóns de euros", cun aforro que en Galicia podería chegar aos "2.000 millóns".

"Falamos de economía circular, de emprego verde e sobre todo de frear o cambio climático que nos vai a afectar a todos e as fórmulas son as que pon encima da mesa Galicia", remarcou.

Aclarou, ante as dúbidas xurdidas, que o "cliente non terá a obriga de coller as sobras" pero os hostaleiros deberán ofrecelas, facilitando que os clientes perdan "a vergoña" que aínda se manifesta á hora de pedir os restos da ración paga.

"Facilitamos que o cliente perda a vergoña e que ese hostaleiro se vexa coa oportunidade de que xa non ten que reciclar el", reiterou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta