Por X.M. Fernández | Viana do Bolo | 23/02/2019 | Actualizada ás 10:00
Viana, como moitos concellos galegos, conmemorará este domingo 24 de febreiro o ‘Día de Rosalía’. O acto, que dará comezo ás 18:00 h. na Casa da Cultura, consistirá na lectura de textos da súa obra a cargo dos veciños e veciñas e nun concerto musical a cargo do grupo ourensán Xardín desordenado.
Os participantes na lectura pública terán como agasallo un libro e unha rosa. Poderán traer a obra da senlleira poeta galega que desexen ou coller algún dos textos que terá preparados a organización do evento.
A continuación haberá un concerto do grupo Xardín Desordenado baixo o título “Rosalía entre outras cousas” no que se interpretarán cancións compostas sobre textos de Rosalía de Castro pero tamén doutras 6 poetas galegas de diferentes xeracións: Yolanda Castaño, Lucía aldao, Luísa Castro, Olga Novo, Carmen Kruckenberg e Cristal Méndez Queizán.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.