33 agresións na Coruña ao colectivo LGTBI

O Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia rexistrou o ano pasado 123 atencións, delas máis de 30 por violencia.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 22/02/2019 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

O Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia rexistrou o ano pasado 123 atencións, delas 33 agresións, segundo o informe  presnetado pola concelleira de  Igualdade e  Diversidade, Rocío Fraga, xunto ao presidente de ALAS Coruña, Carlos Emilio Mella Casal e a presidenta da Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais (FELGTB),  Uge Sangil.

Rocío Fraga na presentación de datos do Observatorio Coruñés contra a LGTBI. CONCELLO DA CORUÑA
Rocío Fraga na presentación de datos do Observatorio Coruñés contra a LGTBI. CONCELLO DA CORUÑA

A concelleira Rocío Fraga subliñou o labor deste Observatorio, posto en marcha por ALAS Coruña, en colaboración coa concellería.

Pola súa banda, o presidente de ALAS Coruña deu a coñecer os datos recollidos desde o 1 de decembro de 2017 ata o 31 de decembro de 2018 , "que recolle datos vinculados a agresións e delitos de odio en toda Galicia".

Neste tempo, rexistráronse 123 atencións a 61 persoas, das que 33 casos estiveron vinculados a agresións LGTBIfóbicas. Ademais, explicou que, durante o ano pasado, o Observatorio atendeu a persoas de ata nove nacionalidades diferentes.

"Das 33 agresións, o 16% pertencen a persoas estranxeiras, o que supón unha dobre discriminación sobre este colectivo", apuntou. Sobre as agresións, precisou que a maioría foron trasladadas por homes gais.

Pola súa banda,  Ugia Sangil advertiu que "a homofobia, a bifobia e a transfobia xa están dentro das institucións e non podemos perpetuar discursos e actuacións que xa parecen superadas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta