Así é a sentenza que condena ao galego a ser unha lingua de segunda en Galicia

A presidenta de Galicia Bilingüe e Hablemos Español felicicitase por un feito "que sentará jurisprudencia", mentres que a Mesa denuncia a existencia de "prexuízos ideolóxicos e políticos" contra un idioma propios da extrema dereita.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/02/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O Concello de Lugo aprobaba en 2012 unha ordenanza de normalización lingüística por unanimidade do pleno da corporación, é dicir, polo PP, PSOE e BNG. Esa ordenanza era denunciada ese mesmo ano nos tribunais por Galicia Bilingüe, hoxe integrada na entidade Hablemos Español, e dirixida tamén por Gloria Lago. Tras un litixio de 4 anos, en 2016 a Sala do Contencioso do TSXG anulou total o parcialmente 12 artículos desa ordenanza o que provocou que o concello recurrise, novamente, ao Tribunal Supremo.

Case tres anos despois o Supremo acaba de facer público o seu propio veredicto no que mantén o criterio inicial, é dicir, que se anulen eses doce artigos. Un serio revés para a supervivencia do galego nun momento, ademais, de máxima debilidade para este idioma.

E que implican a anulación deses artigos?. Segundo informaba a propia Gloria Lago nun comunicado de Hablemos Español, a partir de agora:

"- No se puede declarar el idioma gallego lengua oficial de un organismo público sin citar expresamente al castellano.

- En los plenos y reuniones no se puede prohibir el español en Ruegos y Preguntas.

- La rotulación de dependencias y despachos municipales tiene que incluir el español.

- No se puede prohibir el uso del español a contratistas y proveedores de los ayuntamientos, y estos no estarán obligados a usar el gallego para relacionarse con el Ayuntamiento, ni en la rotulación de sus bienes y servicios, ni con los usuarios. La ordenanza establecía, además, que debía figurar en el pliego de condiciones un compromiso de uso, y que el Gabinete de Normalización Lingüística podía incluso revisar su calidad lingüística. Todo esto queda, afortunadamente, anulado.

- Los ciudadanos podrán recibir documentos también en castellano sin tener que pedirlos formalmente, y aquellos que surtan efecto fuera de Galicia tendrán que ser enviados en español, sin hacer constar que son una traducción del gallego.

- Los funcionarios no estarán obligados a hablar siempre en gallego con los ciudadanos.

- Los cargos electos podrán usar el español en sus intervenciones públicas.

- En las revistas municipales, campañas publicitarias, etc.,  habrá de usarse también el castellano.

- Los rótulos y señalización de la red viaria municipal han de ser bilingües.

- El gabinete de Normalización Lingüística no podrá formar parte del equipo que decide a quien se contrata para trabajar en las dependencias municipales.

- Las actividades deportivas, culturales, juveniles, o de cualquier otro tipo no tendrán que ser obligatoriamente  en gallego para recibir subvenciones del Ayuntamiento"
.

SENTENZA "HISTÓRICA"

Para Hablemos Español e Galicia Bilingüe esta é unha "sentenza histórica" que deixa en evidencia ao Concello de Lugo por "intentar imponer el gallego". "Nos felicitamos por este primer triunfo en los tribunales de la libertad contra la imposición y que se haya sentado jurisprudencia al respecto para Galicia y otros lugares de España, donde el español también está siendo excluido del ámbito oficial", indica.

Ademais de atacar duramente ao concello, gobernado polo PSOE, a entidade que dirixe Gloria Lago, tamén critica ao PP porque di, a ordenanza, "fue aprobada por unanimidad y aplaudida con entusiasmo por el gobierno de la Xunta de Núñez Feijóo, cuyo Conselleiro de Educación la puso como modelo de excelencia".

"PREXUÍZOS IDEOLÓXICOS E POLÍTICOS" CONTRA O GALEGO

"A sentenza do TSXG ratificada agora polo TS", explica Marcos Maceira, presidente da Mesa, "ataca elementos da política de normalización da lingua galega completamente asumidos e apoiados maioritariamente polo pobo galego, como evidencia o feito de seren aprobados e acordados con total unanimidade das forzas políticas con representación institucional". "Utiliza prexuízos ideolóxicos e políticos suministrados polo extrema dereita para agredir a lingua galega e as persoas que queren utilizala", engade, "fortalecendo a consideración do galego como un idioma inferior".

"Esta setnenza legaliza ademais unha posición social maioritaria no conxunto do pobo galego, a de que a lingua propia de Galiza é o galego, que é o noso principal elemento de identidade colectiva e que se atopa nunha absoluta situación de desprotección, aínda cunha lexislación que no mellor dos casos non se aplica e se vulnera constantemente", denuncia esta etnidade.

"Que xustiza hai nunha sentenza que pretende manter a exclusión histórica do galego, a súa invisibilización e mantela inaudíbel e invisível na administración local e en todos os servizos que ofrece a través de empresas privadas?". “A maioría das galegas e galegos, falantes ou non de galego", afirma, "queren a súa lingua e queren que a administración actúe para repola e rehabilitala, como pretendía facer minimamente o Concello de Lugo a través da ordenanza" e lembra que “foi aprobada por unanimidade en correspondencia coa posición manifestada por todas as forzas políticas ao aprobaren o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega".

Por iso, a Mesa anuncia que iniciará accións contra esta sentenza nos próximos días xunto coa plataforma cidadá Queremos Galego e anima a sociedade galega a mobilizarse e manifestar o seu rexeitamento a unha aldraxe contra a dignidade do conxunto do pobo galego.

Viñeta de Castelao
Viñeta de Castelao | Fonte: cantoghalpon.com

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

2 enxoito

Como non nos deixemos de idioteces e nos unamos dunha maldita vez, acaban con nós.

1 Galeguiña

Creo que sodes vos os que queredes acabar ca presenza do español en Galicia. Eu non sinto odio polo galego pero coido que prohibirlle a alguén falar na súa língua non fomenta máis ca ese tipo de sentimentos. As dúas línguas son nosas, dos galegos e non creo que para promocionar unha, se teña que prohibir o uso da outra. Iso non é xusto.

2 teutonio

E tampouco é xusto que se poida usar o castellano exclusivamente sen ningún tipo de problema por parte da administración, pero que o mesmo non sexa posible no caso do outro idioma cooficial do país.

1 Xabrega

É o que ten rirlle as gracias a Gloriosa e ocurrente iluminada ispaÑiscañí de Vigo, minusvarolas o alcance do seu odio ao galego e a Galiza e logo levas puñadas como esta. Nós a liar entre nós e a non nos por dacordo nuns mínimos intocables na defensa da nosa lingua e mirando de loitar máis e mellor por acadar máis e máis galego mentres os de GaliciaMonolingüeEspaÑola atopan o vento (mediático, político, xudicial, etc) de popa. E o pior está por vir...

1 Sentidiño

Semella que ser respectados dentro da constitución española non é posíbel... Vaia!... El será que hai que poñer urnas de cartón? E logo facer unha DUI?... Qué chunga é expaña!

2 Cacarelo

Concordo ao 100%