O novo delegado institucional do CSIC en Galicia será Antonio de Ron Pedreira

O novo delegado é doutor en Bioloxía e releva a Eduardo Pardo de Guevara que é profesor no Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2019 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

O profesor de investigación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CISC) na Misión Biolóxica de Galicia (MBG) Antonio De Ron Pedreira foi nomeado novo delegado institucional do CSIC na Comunidade galega.

Diso informou o CSIC nun comunicado, no que explica Pedreira relevará no cargo a Eduardo Pardo de Guevara e Valdés, profesor no Instituto de Estudos Galegos 'Padre Sarmiento', que desempeñaba o cargo desde febreiro de 2012 e que permanece como director deste centro.

Antonio De Ron Pedreira (Lugo, 1952) é doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Exerceu como catedrático de instituto e en 1988 obtivo por oposición unha praza de científico titular na Misión Biolóxica de Galicia, promocionando sucesivamente a investigador científico e profesor de investigación na actualidade.

O CSIC destacou que está presente en Galicia a través dunha Delegación Institucional (Santiago de Compostela), cinco centros de investigación, a sede Atlántica da UTM, así como os buques oceanográficos con base no porto de Vigo e o Cesga.

[Grupovigo] Antonio De Ron Pedreira, Novo Delegado Institucional Do Csic En Ga. CSIC
[Grupovigo] Antonio De Ron Pedreira, Novo Delegado Institucional Do Csic En Ga. CSIC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta