Este xoves pecha o prazo para presentar candidaturas aos Premios PEL da Deputación da Coruña

O obxectivoo é recoñecer as iniciativas e o traballo realizado polas empresas, asociacións empresariais e concellos.

Por E.P. | A CORUÑA | 25/02/2019 | Actualizada ás 13:18

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña pechará este xoves, día 28, o prazo de presentación de candidaturas ao III Premio PEL ás mellores iniciativas empresariais da provincia, segundo informa a institución.

Os interesados en participar nesta terceira edición poderán formalizar a súa candidatura só de maneira telemática, a través da plataforma Subtel, ata o xoves, ás 14,00 horas.

O obxectivo do galardón é "recoñecer as iniciativas e o traballo realizado polas empresas, asociacións empresariais e concellos, realzando o seu papel fundamental como xeradores de riqueza e emprego".

O premio busca tamén achegar "un valor engadido ás empresas mediante a súa concesión, facilitándolle soporte e respaldo para transformar ideas actuais en emprego de calidade e contribuíndo a dinamizar novos proxectos".

Presidente da Deputación da Coruña Valentín González Formoso. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Presidente da Deputación da Coruña Valentín González Formoso. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta