Temas: ARTE MUSEO MARCO VIGO

Miguel Fernández Cid, novo director do museo MARCO de Vigo

Substitúe a Iñaki Martínez Antelo, que cesou como director a finais de 2017.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 25/02/2019 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

A comisión técnica de expertos formada para a elección do novo director do museo MARCO de Vigo trasladou ao padroado do museo a súa proposta unánime de nomear a Miguel Fernández Cid para ese cargo, en substitución de Iñaki Martínez Antelo, que cesou como director a finais de 2017.

Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)
Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) | Fonte: wikimapia.org.

Así o confirmou o alcalde olívico, Abel Caballero, quen valorou a traxectoria e valía profesional do novo director do MARCO, elixido nun proceso con "toda a transparencia, independencia e rigorosidade".

Fernández Cid é licenciado en Xeografía e Historia, e en Historia da Arte, pola Universidade Complutense de Madrid; profesor en varias institucións académicas; membro da Real Academia Galega de Belas Artes; Premio Cultura Galega de Artes Plásticas; membro do Consello da Cultura Galega; director do CGAC entre 1998 e 2005, e, desde 2010, director xerente da Fundación Gonzalo Torrente Ballester.

O rexedor volveu incidir en que "é a primeira vez" que un director do MARCO é elixido por unha comisión de expertos independente, nun proceso de concurso público, e sinalou que foi "un acerto" este modelo de elección.

"Espero que algúns pidan desculpas, os que fixeron disto unha batalla política, porque querían nomear eles o director", afirmou, en alusión ás críticas da oposición, e asegurou que "algúns" chegaron mesmo a darlle "algún nome" para ese cargo de director do museo.

Temas: ARTE MUSEO MARCO VIGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta