Un estudante da Universidade de Santiago, o número un do MIR en toda España

Outros dous alumnos de Farmacia da USC están entre os dez primeiros postos en Farmancia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/02/2019 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

O  estudante da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela José Manuel Busto Leis, orixinario de Barro (Pontevedra), alcanzou o posto número un no exame  MIR —medicina— 2019, segundo os resultados provisionais que publica este luns o Goberno.

Facultade de Medicina de Santiago de Compostela
Facultade de Medicina de Santiago de Compostela | Fonte: USC.

Na proba, segundo informou a USC, Busto Leis obtivo unha puntuación de 93,1034, que cun baremo de 3,3654 fai un total de 101,9231.

Ademais, na convocatoria do FIR —farmacia— 2019, a USC conta nos dez primeiros postos con dous representantes. Concretamente, Manuel Busto Iglesias (Cambados) quedou en cuarta posición, mentres que Alejandro Martínez Pradeda (Pontevedra) conseguiu o oitavo posto.

Os resultados serán provisionais ata o próximo 21 de marzo, cando se coñecerán os datos definitivos. Xa o 22 de abril celebrarase o acto de asignación de praza de médico interno residente de cada unha das convocatorias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta