Xosé M. Eyré novo colaborador de crítica literaria do GC

A partir de agora, GC conta cun novo colaborador na sección de cultura. Trátase de Xosé Manuel Eyré, que achegará cada semana unha crítica literaria. A primeira avalía "Sobre a lectura seguido de Días de lectura", un libro de Proust con introdución de Carlos Lema.

Por Xosé M. Eyré | Vigo | 18/10/2011 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

X.M. Eyré foi crítico literario en A Nosa Terra desde o 88. Son 25 anos que lle dan unha perspectiva ben ampla da evolución da literatura galega actual, sobre todo da narrativa.

No 2005 publicou 'Constelación de Ío', a súa primeira achega é literatura de ficción, entre a micronarrativa e a poesía....O seu protagonista é un neno de entre 2 e 4 anos que trata de descubrir como pensan os cativos neses anos, como ven o mundo. É un tipo de literatura infantil para pais.

No 2009 saíu 'Nin che conto', unha esculca na micronarrativa que achega as tendencias críticas da modalidade escritural máis nova e única maneira de poder entender as anovacións narrativas que non se suxeitan ao paradigma clásico. Supón a presentación no sistema literario galego da micronarrativa e da súa crítica, e inclúe dúas antoloxías: do canon micronarrativo internacional e un achegamento, con perspectiva histórica, á micronarrativa galega.

*******************************************

None

SOBRE A LECTURA E UN LIBRO DE CARLOS LEMA

 

Título: Sobre a lectura seguido de Días de lectura

None
Autor: Marcel Proust. Tradución, introducción e notas de Carlos Lema

Editorial: Trifolium

 

Anda o mundo tan indigado resolvendo crises e fusións bancarias, tan atento a se os países logran colocar as súas débedas ou lles rebaixan algún chanzo, tan conmocionado se a bolsa de valores baixa de non sei que mínimos, tan esmagado coas noticias que falan de máis indemnizacións millonarias a algún dos responsábeis de que negocios bancarios de antes foran mal….anda o mundo, o noso mundo, tan pasmado diante do espectáculo incesante que emite a reformulación do sistema capitalista ( en máis capitalista e menos humano)…e vén agora Carlos Lema e peta na mesa reclamando máis atención á lectura! E o crítico, logo de máis de vinte anos colaborando en A Nosa Terra, escolle precisamente este título na súa estrea en Galicia Confidencial, por se as humildes palabras puideran botar algo de luz na reivindicación dun dos mellores herdos que nos deixa o capitalismo: a alfabetización e a posibilidade da lectura como ponte ao pracer e á sabedoría.

 

                     O libro é de pequeñas dimensións, 10x15 aproximadamente, conta 177 páxinas e consta dunha introducción, obra do propio Carlos Lema, seguido da tradución de dous escritos de Marce Proust a cerca da lectura: Sur la lectura e Journées de lectura. Non é o obxectivo central da publicación, mais cómpre comezar dicindo que  a interpretación introdutoria de Carlos Lema é unha moi boa carta de presentación da narrativa proustiana. Aqueles que pouco o ningún contacto tiveron coa narrativa do autor de À la recherche du temps perdu, teñen aquí unha boa maneira de se iren familirizando coa obra proustiana, a súa forma e as súas estratexias fundamentais. Marcel Proust, autor de capital importancia na historia da literatura, e particularmente na evolución que esta experimentou no século pasado, un dos pais da actual narrativa. Marcel Proust, aínda non suficientemente lido, aínda non suficientemente ben lido.

 

                     Dicimos Marcel Proust, un dos pais da actual narrativa malia non ser nin moito menos un autor que formalmente quixera propoñer un discurso especialmente anovador. Ben se pode dicir que a fenda da escrita proustiana resultou malgré lui pois tanto a concepción da narrativa proustiana como tamén a da lectura non deixan de medrar e se conformar nun clasicismo moi consciente e asumido. Dicimos Marcel Proust, que na súa escrita/lectura propón unha creba dos eixos temporal e espacial desde a atención ao pormenor, reclamando a consideración do pequeno, mesmo do breve ( atendendo á densidade da súa obra monumental) como condensación ou depositario da memoria das emocións ( e quen queira pensar en O lapis do carpinteiro, pode e ben, mais nin oito menos para aí a influencia, hoxe, do de Auteuil). Así é que non vaiamos cometer a mesma torpeza de André Guide ao rexeitar a Recherche, igual non posuímos tanta nobreza como para arrepetirnos seguindo a Guide, igual xa é excesivamente tarde.

 

                     E prestemos algo, sequera algo, de atención á lectura. Que como a lingua, aprendida sen esforzo, xa tendemos a pensar que ler non pasa dun acto natural consistente en identificar letras en palabas nun segmento (fónico) único, algo que xa todo o mundo sabe facer. Non. Ler xa non é iso, é algo máis que iso, non todo ser alfabetizado é capaz de ler tal e como esixe o século. De ser así non ficariamos tan apampados perante a situación descrita no incio desta crónica libresca. Que ler nin sequera é acto ou proceso que se realice exclusivamente desde un texto verbal, tal e como a escrita tampouco é canle única na trasmisión de historias.

 

                     Non. Nunca foi tan necesaria a lectura. Porque só a lectura nos garante a posibilidade de acceder ao saber á marxe do sistema ou a pesar do sistema. Só a lectura garante uns mínimos democráticos na posibilidade de acceder ao saber, a un saber que sexa algo máis ou algo diferente do que o sistema prevé e canoniza que podemos ou non debemos saber. E diremos máis, a lectura non asegura a conformación de boas persoas, porén sen ela a tarefa resulta moito máis complexa. E diremos máis, que é a lectura, precisamemente, procedemento de extraordinaria importancia á hora de lograr un humanismo que se achegue á plenitude.

 

                     Xa que só a lectura nos proporciona un moi substancial incremento da nosa experiencia vital. Carlos Lema viu con clareza como Proust escribe desde experiencia e o sentimento. As dúas traducións do Carlos permiten comprobar inmellorabelmente como na experiencia, experiencia vital, non só estaba esta conformada polos recendos e pousos dos días vivivos senón tamén polos recendos e pousos e mundos procedentes das lecturas.

 

                     Velaí, pois, a explicación de que a lectura sexa tan molesta, tan incómoda, aos políticos, sobre todo aos políticos actuais, que son os que máis interesan, xa que se senten impotentes á hora de controlar o inmenso caudal literario, e, se non o controlan xa non lles é útil e si un estorbo. E se estas palabras sorprenden a alguén, non ten máis que certificalas desde as medidas restritivas encamiñadas a afogar a literatura galega, obrigada a competir desvalidamente cun sistema literario apoiado polas forzas estatais ( instititucionais, privadas e mediáticas), non se trata de oportunismo senón de lectura da actualidade.

 

                     E velaí, tamén, como o ser humano, de achegarse con proveito á lectura e xa dixemos, se achega tamén á plenitude do seu humanismo. E velaí tamén o que perde, a esencia ínfima a que queda reducido sen o concurso auxiliante da lectura. O cal non deixa de ser extraordinariamente triste. Poucas cousas tan positivas deixa en herdanza este sistema capitalista, poucas como a literatura e a lectura, poucas da súa humanitaria importancia. E xa será triste que a xente fique á súa marxe!

 

                     Mais han de disimularme tanta contaminación prosutiana, pois, ao igual que o Proust das Journées, estamos rematando e aínda non entramos de cheo no libro de Carlos Lema. Porén é que é así. Non sería axeitado navegar só os mares de dentro e esquecer o océano que nos rodea, esquecer a significancia das augas novas no contexto do actual abismo. E non queremos poñer fin a esta crónica sen ponderar a tradución, que a súa oportunidade xa tratamos, atenta do Carlos, igual que, retomando outro fío no nobelo, insistir no valor que o conxunto ten como presentación da escrita proustiana: se as palabras da análise introdutoria constitúen unha boda maneira de achegarse á obra de Marcel, os textos que o Carlos pon en galego complementan esa explicación ás mil marabillas. Velaí que non deixe de ser un auténtico espectáculo, nos Días de lecutura ou Journées, como a prosa poderosa de Proust nos vai introducindo nalgunhas das claves que despois atopamos conformando o seu universo literario ( tanto no contido como na forma), tales como a lectura ( soidade, emoción), a comida (comninatoria de sabores, sensacións, emocións), as visitas ( a frescura da novidade, o contacto con outras perspectivas), a decoración ( máis combinatoria, porén haina útil e supérflua), a pintura ( colores…), a arquitectura, a amizade…na procura da conquista da verdade, contra o esmagador paso do tempo e na ansia de lograr a pervivencia do espírito.

 

                     O pequemo, ínfimo, abstracto, no concreto e grande continente.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 vigués

Parabens Galicia Confidencial. Sodes o único medio decente que queda neste país. Seguide así e con xente como Xosé Manuel ainda aumentades a vosa sona e a vosa influencia. E encantado de volver ler as túas críticas Xosé Manuel. É sempre un pracer.

1 O Incio

Dá gusto ver como o GC vai medrando pouco a pouco. Eyré, o crítico, era do máis interesante de ANT, estamos de noraboa os que apreciamos a literatura galega.

1 lemés

Esperemos que non traia ao Eiré parente (Pucheiro), aquel que vendeu e afundiu ANT!

2 Arcanxo

Pero este home é o mesmo de ANT? Alí as críticas entendíanse e non tiñan erratas: "pequeñas, introducción, prosutiana, supérflua, boda, comninatoria, pequemo...) Que horror! Facer un periódico é algo máis que deixar que xente de boa fe vos encha o trebello de balde

3 Antía

Parabéns a GC por repetir os mesmos erros de ANT. Eyré é a crítica literaria o que Beatriz Carvajal á interpretación: unha pena. En fin, a nostalxia ten estas cousas.

4 Carlos Fdez Domaio

Polo menos el asina as súas críticas con nome e apelidos, cousas que non facedes vós. Para gustos colores, a min, por exemplo, esta crítica parece ben acaída, aínda que non comparto tanta gabanza ao tradutor.

5 Henrique

Terrible,Eyre .Nen razoa ,nen admite puntos de vista distintos o seu no presunto blog que leva. A ver se renovades un pouco,so vos queda fichar a momia de Lenin.