Contra os estereotipos sexistas nos disfraces de Entroido

O Concello de Lugo impulsou unha campaña para "desenmascarar o machismo" e "cortar" coa hipersexualización nos traxes destas festas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2019 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

"Cortar co sexismo" nos disfraces infantís de Entroido. Ese é o obxectivo da nova campaña do Concello de Lugo, coa que dá continuidade a esoutras iniciativas semellantes xa impulsadas no Arde Lucus ou no San Froilán.

Presentación de dous Entroidos singulares da provincia, o Entroido Ribeirao e o Oso de Salcedo
Presentación de dous Entroidos singulares da provincia, o Entroido Ribeirao e o Oso de Salcedo | Fonte: Deputación de Lugo

Dende o organismo local, consideran que o sexismo segue manifestándose co xénero dos disfraces. Por iso, baixo o lema 'Desenmascara o machismo', búscase ensinar a vivir o Entroido libre de roles e estereotipos sexistas. A modo de exemplo, citan os disfraces de bombeiro, astronautas e médicos, "pensados para os nenos" e censura que as nenas protagonicen os de enfermeira ou animadora.

Por iso, a campaña centrarase, principalmente, na responsabilidade á hora de comprar o disfrace e inclúe algunhas cuestións a ter en conta no momento da súa selección, como o feito de rexeitar aqueles que supoñan unha hipersexualización.

Ademais, recomenda que o ideal é que estes poidan ser utilizados indistintamente polas nenas e nenos, que desenvolvan a imaxinación e que favorezan a creatividade, entre outras cuestións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta