As oficinas e caixeiros de Abanca recuperan a normalidade tras o fallo técnico do martes

A entidade fala dun "problema técnico de comunicacións" e descarta un ataque informático.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2019 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

As oficinas e caixeiros de Abanca recuperaron a normalidade este mércores tras emendar o fallo técnico nas comunicacións que lle afectou o martes.

Con todo, a entidade financeira informa de que segue traballando para recuperar "a funcionalidade do resto dos servizos" e pide de novo desculpas polas molestias causadas.

Os caixeiros automáticos e o servizo de banca electrónica de Abanca estiveron durante este martes sen funcionar debido a unha incidencia. Fontes da empresa apuntan a un "problema técnico de comunicacións".

Oficina de Abanca. ABANCA - Arquivo
Oficina de Abanca. ABANCA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta