As empresas con medidas de conciliación poderían ter máis puntos nos procesos de contratación pública

O presidente da Xunta avanzou que o seu equipo de Goberno levará ao Parlamento un proxecto de lei que outorgue "un selo de recoñecemento" a aquelas compañías que integren decisións "concretas" ao respecto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2019 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o seu Goberno levará ao Parlamento un proxecto de lei de demografía que outorgará "un selo de recoñecemento" ás empresas que promovan medidas "concretas" de conciliación familiar. Deste xeito, terían maior puntuación nos procesos de contratación pública.

A Xunta outorgará por lei maior puntuación en contratación pública a empresas co. XUNTA
A Xunta outorgará por lei maior puntuación en contratación pública a empresas co. XUNTA | Fonte: Europa Press

Así o adiantou o titular do Executivo autonómico durante a sesión do pleno do Pazo do Hórreo deste mércores, ao responder a unha pregunta do portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, quen alertou que a natalidade "continúa caendo desde 2008". "Necesitamos decisións políticas rápidas", reivindicou.

Deste xeito, Feijóo anunciou a intención do seu Goberno de elevar ao rango de lei "todas as conclusións" do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, no que están representados grupos políticos, sindicatos, empresas, universidades e representantes públicos.

A iso, o portavoz do PSdeG respondeu que o seu grupo "vai traballar para mellorar a lei cando chegue" ao Lexislativo, pero advertiu ao tamén presidente do PP galego que "non conte" cos socialistas para impulsar as políticas de natalidade propostas polo líder dos populares a nivel nacional, Pablo Casado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta