Xuíces de Lugo ven "inxustificada" a decisión do ministerio de non crear un novo xulgado do social

Por E.P. | LUGO | 27/02/2019 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

A xunta sectorial de xuíces do social de Lugo mostraron o seu rexeitamento á decisión do Ministerio de Xustiza de non crear un novo xulgado deste tipo na cidade, unha resolución que ven "inxustificada".

Diso informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que deu conta do acordo no que estes xuíces aseguran que a necesidade deste xulgado é "evidente" dada a elevada carga de traballo que soportan os xulgados do social de Lugo. Ademais, lembra que esta era unha petición que foi solicitada de forma reiterada.

En concreto, o martes, o delegado do Goberno, Javier Losada, informou de que o ministerio rectificara a súa decisión de non pór en marcha o de Santiago de Compostela. Con todo, o Goberno estatal mantén a súa negativa ao de Lugo, a pesar de que así o reclamou a comisión mixta de Xustiza na que participa tanto a Xunta como o TSXG.

Xulgado de Lugo
Xulgado de Lugo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta