Rosa Quintana critica que a Xunta non fose convidada á visita da ministra de Sanidade a finais de xaneiro en Vigo

A ministra María Luisa Carcedo anunciara que a cidade olívica acollería parte do Laboratorio Europeo de Biotoxinas Mariñas que estaba situado no Reino Unido.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2019 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

A conselleira de Pesca, Rosa Quintana, afeou á ministra de Sanidade, María Luísa Carcedo, que a Xunta non fose convidada os actos con motivo da súa visita a Vigo realizada o pasado mes de xaneiro, cando anunciou que a cidade olívica acollería unha parte do laboratorio europeo de biotoxinas mariñas anteriormente situado no Reino Unido.

"O que anunciou a ministra xa o sabiamos desde o ano pasado", manifestou a titular de Pesca en resposta a unha pregunta efectuada durante o pleno do Parlamento de Galicia pola deputada popular Teresa Egerique.

Así, afirmou que a asunción por parte do Laboratorio Nacional de Referencia de Biotoxinas Mariñas de Vigo da "parte máis importante" do laboratorio como consecuencia do 'Brexit' coñécese desde o pasado verán. Carcedo visitou a finais de xaneiro o centro vigués, que asumiu as funcións de coordinador dos controis que os países da Unión Europea fan das súas zonas de produción de bivalvos.

A conselleira instou este xoves ao Goberno central a que dea "continuidade" á tramitación do protocolo no control das zonas de produción de moluscos bivalbos, unha solicitude que foi remitida ao ministerio a través dunha carta. Ademais, Rosa Quintana insistiu en que "ademais da Universidade de Vigo debe figurar o Intecmar, un centro que posúe unha ampla traxectoria de apoio e colaboración co Laboratorio Comunitario de Referencia".

Rosa Quintana
Rosa Quintana

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta