Os '19 de Meirás' esixen que o Goberno presente a demanda que permita recuperar o Pazo para patrimonio público

"Se non o fai neste período, será corresponsable de que as cousas se dificulten no futuro".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/02/2019 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

O colectivo dos '19 de Meirás' esixiron ao Goberno que presente a demanda civil para reclamar a recuperación, para o patrimonio público, do Pazo de Meirás, nunha rolda de prensa na que anunciaron a recollida de firmas a través de 'change.org' para apoiar a súa petición. Ademais, non descartaron convocar "medidas de presión" como mobilizacións sociais.

En rolda de prensa, un dos seus integrantes, Néstor Rego, cualificou de "esixencia democrática" lograr a recuperación do inmoble e considerou "dificilmente comprensible" que o Goberno de Sánchez "non tomase a iniciativa".

Por iso, en base aos informes que apoian a recuperación do Pazo para o patrimonio público, que presente a demanda civil. "Se non o fai neste período, será corresponsable de que as cousas se dificulten no futuro", engadiu sobre a presentación da demanda antes das eleccións xerais.

FAMLIA FRANCO, "IMPUNE"

Néstor Rego considerou que, coa ausencia de actuacións a este respecto, "a familia Franco sábese impune, amparada". "E o franquismo mantén unha continuidade nas estruturas do Estado", lamentou. Mentres, pediu para o Pazo de Meirás o mesmo trato que coas actuacións para a exhumación dos restos de Franco do Val dos Caídos. "Para os galegos ten a mesma importancia ou máis", dixo sobre o inmoble.

Os 19 de Meirás volven ao Pazo. REMITIDA - Arquivo
Os 19 de Meirás volven ao Pazo. REMITIDA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Omeulibro

Queren que Perico faga o ridículo, aínda máis, pero Perico aprendeu, a Avogacía do Estado di que non hai nada que facer para incautar Meirás sen pagar, e non vai facer nada.