Arde Ourense

Mentres ardía e sigue a arder Ourense e, o cheiro a fume resultaba, e resulta insoportable na cidade das Burgas, dirixentes populares de visita afanábanse en convencernos de que o proxecto de xestión que, os seguidores de Mariano, teñen para o Estado é o que esta a desenvolver o goberno de Feijoo en Galiza.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 20/10/2011

Comparte esta noticia

E claro un reflexiona e pensa,  e a conclusión é un tanto triste e dura. Pois todo isto parece unha tomadura de pelo. Unha coña, ou broma de mal gusto. Pois sabedores  do que anda a facer Feijoo e os seus conselleiros dende que gobernan en San Caetano, un intúe que a Sra Sánchez Camacho está moi mal informada. Pois compre lembrar que nesta terra do noroeste  é onde hai máis medrou o paro recentemente; onde o mundo rural está fenecendo e ardendo polos catro costados; onde os recortes, que non unha boa xestión, afloran no ensino, favorecendo aos centros privados en detrimento da escola pública; e onde a sanidade atura os envites dos que ven no peche de centros,  restición de camas e persoal ,e a esternalización de servizos  a solución aos problemas que padece este ben básico.

Supoño que Sánchez Camacho é sabedora de que, nesta provincia do interior ,  leva gobernando moitos anos o clan Baltar e, precisamente nesta provincia, é onde andan peor as perspectivas de futuro. E supoño que a ise goberno provincial habería que pedirlle algunhas responsabilidades.
O noso rural arde, cecais para fuxir da desesperanza; arde pois está envellecido, despoboado e desesperanzado e espera  un plan que o salve do ermo e do mato. Alguén lle planta ao monte?  Posiblemente desesperado ao ver que o seu mundo se esfarelou e carece de futuro. Que soio é un nío de xabaríns e silveiras e non quere fuxir polo que, resístese a emigrar.

E o noso goberno, o de san Caetano, ten ao presidente buscando os votos polas terras da Pampa Arxentina. ¿E iste  é o modelo que nos ofertan para gobernar o Estado os populares?  Moitas veces aforrar, resulta gastar máis. E isto é o que está a pasar cos incendios forestais. Os que queiman o monte son delincuentes, pero o certo é que esta cerimonia pasa todos os anos. Iste se cabe con moita máis insistencia. Menos mal que a ministra mandou as súas brigadas a apagar a vaga de lumes, se non isto remataría sendo un inferno. E Feijoo de tournee pedindo  co DNI na boca apoios para Rajoy. Isto cheira a manipulación electoral; a sacas de votos agradecidos por uns euros, a caciquismo puro e duro. O refrán é claro: o raposo perde o rabo, pero non as mañas.

Ourense, e a Galicia rural  por extensión, arde polos arredores da vilas e pobos; morre paseniñamente : sin industrias, sen agro e  sen futuro. E  a pregunta resulta evidente: Quen leva na poltrona  dende toda a vida en Ourense?  Pois a dereita vinculada aos populares. O amiguismo, chamado Baltarismo, dirán moitos cidadáns.  Esta é a realidade que nos tocou vivir ata que escampe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com