Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2019 | Actualizada ás 19:26
Adif Alta Velocidade adxudicou cinco contratos de consultoría e asistencia para o control de obras de superestructura no tramo Pedralba de la Pradería-Ourense da liña de alta velocidade Madrid-Galicia.
Os contratos, por un importe global de algo máis de 4,027 millóns de euros, servirán para proporcionar asistencia, en primeiro lugar, á montaxe de vía entre Pedralba de la Pradería e Campobecerros e entre Campobecerros e Taboadela.
Tamén irán en parte para a execución de proteccións acústicas no tramo Pedralba-Taboadela, para a implantación de ancho estándar (1.435 mm) no tramo de rede convencional en servizo Taboadela-Ourense e para a instalación de liña aérea de contacto e sistemas asociadosentre Pedralba e Ourense.
Por último, a adxudicación tamén incumbe á construción do cambiador de anchos de Taboadela, montaxe de vía no ramal de conexión entre a liña convencional e a de alta velocidade e remodelación da estación de Taboadela.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.