Anpas de Compostela critican o Concello pola "saturación" dos comedores escolares

Advirten de que no CEIP de Fontiñas a comida "segue vindo de lonxe e fría".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2019 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

A federación de Anpas de Compostela advirte da necesidade dunha "revisión a fondo" por parte do Concello dos comedores escolares dos centros públicos, que nalgúns casos se atopan "saturados" de nenos que, segundo denuncia, teñen que comer en corredores e salóns de actos.

A Fanpa de Compostela critican a falta de revisión do Concello de comedor
A Fanpa de Compostela critican a falta de revisión do Concello de comedor | Fonte: Europa Press

Así o explicou este mércores o director da federación compostelá, Fernando Lacaci, que no marco dunha valoración sobre o últimos sete anos dos comedores escolares xestionados polo Consistorio, asegurou que "a Administración non avanzou absolutamente nada".

Segundo explicou a representante do comedor de Fontiñas, Isabel Quintero, o Concello "deixa todo en mans da empresa de cáterin", polo que ve necesaria unha mediación coa Anpa e o goberno municipal.

Os monitores pertencen ás empresas de cáterin, polo que os representantes da Anpa urxiron a separación da contratación deste da "empresa que educa aos nenos". Con todo, a vicepresidenta da federación, Esther Martínez, destacou que hai catro anos o Concello "non tivo en conta esta proposta".

Lacaci explicou que o acto de comer para os nenos engloba moitos aspectos, como a utilización adecuada dos alimentos. "Se un neno percibe que comer é incómodo e existen alimentos de pouca calidade e mal preparados, crearase unha xeración que terá problemas alimenticios", explicou.

NOVO COMEDOR DE FONTIÑAS

O novo comedor construído no CEIP de Fontiñas, segundo expuxo Quintero, acabouse antes de Nadal e "é amplo, xa que antes os nenos comían nas aulas". Con todo, "as estruturas están mal e a algúns armarios caéuselles a porta, polo que segue habendo un problema". Ademais, destacou que a comida "segue vindo de lonxe, fría e os nenos quéixanse".

"Supomos que dado que estamos case en marzo, a situación non vai cambiar para o curso que vén porque non hai tempo real", lamentou o presidente da federación.

Este colectivo falou cos grupos municipais do PP, PSOE e BNG, pero non con Compostela Aberta, "que non contestou", aseguran. A todos explicáronlles o que querían e pedíronlles "claridade". Con todo isto, queren que os partidos "digan cal é o seu modelo de comedor escolar" e que o leven ao programa electoral.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta