Temas: AGRESIóN VIGO

Absoltos tres porteiros dunha discoteca de Vigo por non quedar acreditado que agredisen a unha parella

Por E.P. | VIGO | 28/02/2019 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza absolutoria con respecto a tres porteiros dunha discoteca da cidade olívica, que foron xulgados por unha suposta agresión a unha parella.

Rúa Uruguai en Vigo.
Rúa Uruguai en Vigo.

Os feitos remóntanse á madrugada do 2 de marzo de 2014 cando, á entrada dunha discoteca na rúa Uruguai de Vigo, produciuse un altercado entre unha parella e os porteiros do establecemento, que non lles permitiron a entrada.

A acusación sostiña que un dos membros da parella foi atacado polos porteiros, e acabou cunha rotura dos ósos do nariz.

Se embargo, tras valorar as declaracións, o tribunal considera que non se acreditou a autoría das lesións por parte de ningún dos acusados. A ese respecto, na sentenza, os maxistrados poñen de manifesto as contradicións do prexudicado, e as "distintas versións" que achegou ao longo da causa.

Así, aínda que consideran probado que o denunciante recibiu un golpe na cara, entenden que foi no transcurso dun enfrontamento cunha terceira persoa, que se atopaba na cola para entrar na discoteca, e non un ataque dos acusados.

Temas: AGRESIóN VIGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta