O Ministerio da Saúde de Portugal quere evitar a emigración de médicos portugueses tras a oferta da Xunta

O Sergas tenta aos profesionais lusos co dobre do salario. O anuncio creou unha grave crise no país veciño.

Por Galicia Confidencial | Lisboa | 01/03/2019 | Actualizada ás 09:58

Comparte esta noticia

A necesidade de médicos en Galicia, sobre todo, médicos de familia e de pediatría está a crear unha crise en Portugal. O Ministerio da Saúde anunciou xa que está a facer o posíbel para crear condicións para reter os médicos en Portugal e xa se reuníu cos sindicatos do sector para discutir a situación.

Médico. FLICKR - Archivo
Médico. FLICKR - Archivo

A polémica iniciouse tras os contactos mantidos polo Sergas co sector médico, ofrecendo o dobre de salario en Galicia -- con soldos que en Portugal din que poden chegar aos 60.000 euros-- para estes especialistas. O ministerio portugués anunciou que xa tomou unha serie de iniciativas no sentido de motivar aos médicos a ficar en Portugal, nomeadamente a través da simplificación do réxime de admisión de persoal médico; da reposición de prazas, en 2017, de aumentar as horas extras; da reposición, en 2018, da maior parte das horas de calidade e tameń do réxime de incentivos á mobilidade xeográfica e contratación de médicos en rexións menos favorecidos.

En todo caso, a “opa” de Galicia ao sistema sanitario portugués é interpretado no país veciño coma un “reflexo do recoñecemento internacional da calidade dos médicos formados polo Servizo Nacional de Saúde” deste país. Con todo, hai temor a que unha masiva saída de médicos lusos atrase aínda máis o obxectivo de “que haxa médicos de familia para todos os portugueses”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta