Cambian os directores da Lama e Teixeiro

Unha muller dirixirá o penal pontevedrés por primeira vez na súa historia.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/03/2019 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Institucións Penais, Ángel Luís Ortiz, efectuou oito novos cambios na dirección dos cárceres de Zuera (Zaragoza), A Lama (Pontevedra), Castelló, Ávila, Arrecife (As Palmas), Asturias, Teixeiro (A Coruña) e Huelva.

Segundo destaca a institución, cinco destes centros penais estarán dirixidos a partir de agora por mulleres, unha en Galicia, no cetro da Lama, ademais de dous centros de insersión social (CIS). Así, Teresa Delgado Pérez converteuse na primeira muller en dirixir esta prisión pontevedresa.

Angel Luís Ortiz, secretario xeral de Institucións Penais. EUROPA PRESS - Arquivo
Angel Luís Ortiz, secretario xeral de Institucións Penais. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Ademais, o secretario xeral de Institucións Penais nomeou a José Angel Vázquez Yáñez novo director da prisión galega de Teixeiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta