Verquido de gasóleo na Autovía do Barbanza por mor do accidente dun trailer

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2019 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Un trailer envorcou este venres na AG-11 ao seu paso pola localidade coruñesa da Podra do Caramiñal tras saírse da vía. Debido ao accidente perdeu parte da carga de gasóleo do seu depósito, o que obrigou a cortar a circulación nun dos carrís da vía.

O accidente ocorreu no mediodía deste venres e foron varias persoas as que alertaron ao 112 Galicia dun sinistro no que se viron implicados un turismo e un camión.

Segundo informou o 112, como consecuencia do impacto, dúas persoas necesitaron asistencia médica, aínda que ningunha delas tivo que ser evacuada. Ademais, o trailer envorcou nunha leira e comezou a perder parte do gasóleo procedente do seu depósito.

Deste xeito, por parte do 112 Galicia pediuse a colaboración dos Bombeiros de Ribeira e de Boiro para acoutar a vertedura e evitar así a súa expansión. No entanto, trátase dunha "vertedura pequena", indican as mesmas fontes, polo que os servizos de emerxencias descartaron danos para a contorna e as persoas. Ademais, nas próximas horas realizarase o traspaso do resto do depósito e retirará por un guindastre o vehículo accidentado.

Tamén, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitaron a colaboración do 061, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Igualmente, acudiron os equipos de limpeza e mantemento da estrada.

O 061 enviou ao lugar unha ambulancia asistencial que atendeu a unha muller de 28 anos de idade, que recibiu a alta voluntaria, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Camión envorcado  GUARDIA CIVIL
Camión envorcado GUARDIA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta