CxG acusa a BNG e En Marea de "deslealdad cara a Galicia" por rexeitar unha coalición para as xerais

"A xente pide solucións para o país, non solucións para a casa de cadaquen, neste momento de forte tensión territorial no Estado", indica

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2019 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

Compromiso por Galicia (CxG) tachou de "deslealdade cara a Galicia" que as direccións de BNG e En Marea rexeitasen sentar a negociar coa formación galeguista para a creación dunha coalición electoral de cara ás xerais do próximo 28 de abril.

Nun comunicado, o secretario xeral de Compromiso, Juan Carlos Piñeiro Docampo, censura que o Bloque e o partido instrumental non respondesen á súa invitación a crear unha coalición galega para as xerais.

"A xente pide solucións para o país, non solucións para a casa de cadaquen, neste momento de forte tensión territorial no Estado é peor instante para non ter un feito unha coalición electoral para que poña Galicia por diante", afirma Piñeiro.

Así, CxG asegura que a súa proposta "eran pensada exclusivamente no desexo de que Galicia contase na política do estado, con peso político propio", polo que censura que "os mesmos partidos (BNG e En Marea) que falan continuamente da necesidade de diálogo no estado" non o fagan "aquí, na casa".

"As imposturas e a soberbia son unhas das cousas que máis afasta á xente da política actual e aumenta a desafección da cidadanía cara á política en xeral e os partidos en particular", remarca a formación galeguista.

Miguel Barros con Rafa Cuíña nun acto político de Compromiso por Galicia
Miguel Barros con Rafa Cuíña nun acto político de Compromiso por Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Un galego

Home, hai que ter un pouco de dignidade e coerencia. Abandoan o bng de malas maneiras marchando varias veces cada semana para armar rebumbio e agora veñen con isto...

2 lóstrego

Deslealdade é querer pillar cacho sen aportar ren. Quén sodes CxG?

1 Cruña

CXG? Iso é o chiringuito-pantalla do cacique de Lalín.