Clausura este domingo da mostra 'Castelao Maxistral' tras recibir máis de 40.000 visitas no Museo Centro Gaiás

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2019 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

A Cidade da Cultura clausura este domingo, día 3, a exposición 'Castelao Maxistral' que, tras recibir máis de 40.000 visitas nos seus 120 días de apertura, converteuse na mostra máis visitada na historia do Gaiás. Estas cifras alcanzáronse grazas ao fito histórico de ver por primeira vez en Galicia a obra 'A derradeira leición do mestre', pintada por Castelao en 1945 en homenaxe ao intelectual galeguista Alexandre Bóveda, asasinado en 1936. Este cadro non saíra ata agora nunca do Centro Galicia de Buenos Aires, ao que pertence.

Segundo os datos achegados pola Xunta, unha media de 303 visitantes diarios achegáronse ao Museo Centro Gaiás para contemplar esta peza, considerada o Guernica galego. Esta cifra de visitantes ao día tamén bateu unha marca na biografía do Gaiás, superando mesmo á de 'Gallaecia Petrea', que rexistrou unha media de 279 visitantes por día. Naquela ocasión, con todo, ao atractivo da mostra sumóuselle o feito de ser o primeiro proxecto expositivo que se podía visitar no Museo.

Entre as cifras, tamén son especialmente significativas as de escolares: preto de 9.000 nenos e mozos de diferentes cursos e provenientes de 120 centros educativos de toda Galicia achegáronse a 'Castelao Maxistral'.

CONCERTO DE DESPEDIDA

O broche de ouro desta mostra será este venres, co concerto de despedida da Orquestra de Cámara Galega, dirixida por Rogelio Groba, que ofrecerá no entanto, O alfinete de ouro de clausura, será hoxe venres co concerto un repertorio que incluirá composicións vinculadas a Castelao como 'Na Catedral', movemento da obra musical Alba de Gloria, composta polo proxenitor do director, Rogelio Groba Groba, inspirándose no histórico discurso do intelectual de Rianxo no exilio.

Ademais, interpretaranse pezas de compositores galegos, como Andrés Gaos, ou de arxentinos, como Astor Piazolla. A entrada a este concerto é gratuíta, previa recollida de convite no Museo Centro Gaiás.

'Castelao Maxistral' Clausúrase Este Domingo Tras Recibir Máis De 40.000 Visitas. XUNTA - Arquivo
'Castelao Maxistral' Clausúrase Este Domingo Tras Recibir Máis De 40.000 Visitas. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta